QUEN ERES?
QUEN QUERES QUE TE COÑEZA?
POR QUE DEBEN INTERESARSE EN TI?
Creamos marcas innovadoras e utilizables a través de formas modernas de comunicación. Grazas a nosa experiencia, somos capaces de captar a chispa que diferenza o teu modelo de negocio da competencia e intentamos potenciala. Somos unha axencia galega xove, pero cunha experiencia que nos avala.
Tomamos vantaxe do noso coñecemento, habilidade e creatividade, o que da lugar solucións únicas para cada cliente. Exploramos, contemplamos e gozamos de cada proceso para obter unha marca que faga feliz tanto o noso cliente como o seu público obxectivo.










DESEÑO DE LOGOTIPO
As empresas buscan como conectar cos seus clientes potenciais, e o deseño de marca e logotipo é a maneira máis rápida de conseguilo. Un logo potente destaca na inmensa competencia. A forma na que se percibe afecta no éxito que poida ter no mercado, polo que é moi importante ter un logotipo que sexa totalmente persoalizado e adaptado o teu modelo de negocio.
Seele Comunicación é unha axencia de publicidade galega especializada en branding e creación de logotipos.
REDESEÑO DE LOGOTIPO
As tendencias cambian. Os mercados cambian. O noso público cambia. É por iso ca nosa imaxe estará renovada e adaptada a situación global. Non fai falta co teu logotipo teña 20 anos para realizar un reestlyling, nin será radical. O importante está no equilibrio. E para iso estamos nós aquí.
IDENTIDADE CORPORATIVA
O logotipo é só a punta do iceberg da imaxe da empresa, acompañándoo encóntrase o resto da identidade corporativa, ou, o que é o mesmo, tarxetas, sobres, follas da empresa, bolígrafos, señalética, roupa corporativa, vinilos e deseño de interior, rotulación de vehículos…
DESEÑAMOS PARA TÓDALAS EMPRESAS?
Así é, en Seele Comunicación posuímos diferentes versións estratéxicas que nos permiten aportar solucións a empresas de calquera tipo e sector. Dá igual que esteas nacendo, ou que busques modernizar un logo xa existente. Somos unha axencia galega de deseño especializada na creación de marcas.
O noso traballo de deseño de logotipos e marcas comprende a elaboración dun estudo que nos permitirá coñecer a situación do teu sector para evitar camiñar pola mesma liña cos teus competidores están pisando. Por que? Sinxelo, porque facemos cousas diferentes para xente que quere destacar.