O posicionamento SEO (Search Engine Optimization) en buscadores é o proceso a mellorar a visiblilidade dunha páxina nos resultados orgánicos ou naturais dos diferentes buscadores. Ou o que é o mesmo, estar nas primeiras páxinas dos buscadores cando os teus clientes potenciais teñan unha necesidade que ti poidas cubrir.
Non teñas medo de ser creativo
e experimentar co marketing
Mike Volpe
POSICIONAMIENTO SEO
Como traballamos o SEO
Melloramos o SEO da tua páxina web realizando o seguinte protocolo:
- Estudamos a túa competencia para saber como están xestionando eles a súa estratexia dixital.
- Buscamos todas as keywords ou palabras clave que axudaránnos a optimizar o teu posicionamento SEO.
- Editamos os textos da túa web para optimizalos.
- Cambiamos os metadatos da túa web, URLs…
- Realizamos unha análise de seo offpage.
POSICIONAMIENTO SEM
O posicionamento SEM (Search Engine Marketing) consiste en introducir anuncios “de pago” en buscadores. O anunciante paga só cando o usuario fai clic no anuncio e accede a súa web. Google Adwords é a ferramenta máis utilizada para campañas de posicionamento SEM, aínda que tamén se emprega Facebook Ads, Twitter Ads…
Creamos publicidade efectiva
Para optimizar as puxas por clic dos teus anuncios, realizamos unha estratexia previa na que analizamos as palabras clave ou keywords tanto da localización como do sector. Analizamos a necesidade dunha landing page ou páxina de aterrizaxe para co retorno por inversión do teu anuncio sexa máis elevado e xestionamos Google Adwords para que ti non teñas que preocuparte por nada. O plan completo.
NEWSLETTERS
Unha newsletter (boletín de noticias) é unha publicación dixital cas empresas envían de maneira periódica a persoas suscritas para notificarlle novidades, actualizacións ou novos produtos, de maneira que permita reforzar a marca e ademáis incrementar as vendas.
Interésacho o envío de newsletters?
Fideliza os teus clientes cun deseño de Newsletter adaptado a túa imaxe corporativa creamos a mensaxe para que capte o interés dos teus seguidores e obter así unha maior repercusión. Xestionamos o envío de newsletters con servidores situados dentro da Unión Europea para evitar problemas coa LOPD e LSSI.
CREACIÓN DE CONTIDOS
Hoxe en día o marketing de contidos é unha estratexia fundamental xa que nos permite reforzar e aumentar o posicionamento orgánico ou SEO da nosa páxina web, co que obtemos mellores posicións no ranking web. Ademáis, axúdanos a crear unha audiencia e a potenciar a nosa marca.
A gran pregunta. Como?
Despois de empaparnos de información da túa empresa e sector podemos crear artigos relevantes para túa audiencia. Así conséguese a maior propagación da túa información entre contactos que comparten a noticia, polo que se chega a maior público, o cal é premiado polos motores de búsqueda como Google e ademáis reforzará a túa imaxe de marca o dar a coñecela.