Deseño logotipo “Proxecto Senda”
Deseño do logotipo de Proxecto Senda para a Concellería de Promoción Económica do Concello de Poio.
¿Que é o Proxecto Senda?
O proxecto Senda naceu no ano 2016 como unha aposta pola innovación nas políticas de emprego da Concellería de Promoción Económica do Concello de Poio, dirixida polo Concelleiro Gregorio L. Agís Gómez.
Senda é un proxecto que ten o obxectivo de incorporar a innovación nos procesos de aprendizaxe, coa finalidade de achegar novos modelos e xeitos de facer.
Desenvólvese en tres eixes fundamentais:
- Persoas en procura de emprego.
- Emprendedores que desexan darlle vida a unha idea propia.
- Empresas que queren incorporar novos procesos de xestión no eido das persoas, procesos ou tecnoloxías.