Consegue financiar ata un 80% en TICs, Comercio Electrónico e Marketing Dixital, se eres PEME ou autónomo coas subvencións TICCámaras.
- Ata 7.000€ (I.V.E. non incluído).
- Subvencionable o 85% dependendo onde se sitúe a túa empresa.
- Na Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa subvencionable o 80%.
Cambia o diseño da túa web, invirte en tendas online, posicionamiento SEO e moitos servizos máis, solicítanos información sen compromiso.
Solicítao dende o 8 de maio ás 08:30. A adxudicación é por orde de rexistro e ata agotar o presuposto xeral de 199.552€.
¿A quen está dirixida a subvención?
- PEMES (pequenas ou medianas empresas)
- Autónomos
- Todo o territorio nacional
¿Que requisitos debes cumprir?
Estar ao corrente coas túas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social. Estar dado de alta no IAE e ter o teu domicilio social no territorio nacional. Non puideches recibir axudas superiores aos 200.000€ nos últimos 3 anos (100.000€ nas empresas que operen no sector transporte por estrada). Non puideches beneficiarte con posterioridade ao 31/12/2015 da Fase II do programa. Por último querer mellorar a túa competividade e cumprir as condicións do programa.
¿Cando podes solicitar a subvención?
Entre o 8 de maio de 2017 (a partir das 08:30 horas) e o 31 de outubro de 2017 (ata as 17:30), se ben se pode acurtar a duración no caso de terminarse o presuposto programado.
¿Por que elixir a SEELE Comunicación como a túa empresa provedora?
Somos expertos en deseño web, publicidade, marketing 2.0, publicidade, redes sociais e tamén en deseño e redeseño de logo.
Unha mostra aquí:
https://www.seelecomunicacion.com/portfolio/diseno-en-pontevedra/
¿Cómo sería o proceso?
Unha vez feita a solicitude haberá dúas fases:
FASE 1. DIAGNÓSTICO ASISTIDO DE TIC. Nela un experto da Cámara ponse en contacto coa empresa que solicitou o asesoramento. Os técnicos avalían a situación dende múltiples puntos de vista tales como mellora da competitividade ou do marketing dixital, entre outros. Unha vez feita a avaliación propoñen as mellores alternativas de forma gratuita.
FASE2. SEGUIMENTO DA IMPLANTACIÓN. Esta consiste na implantación das solucións TIC acordadas e para iso o beneficiario conta cunha subvención de fondos FEDER (segundo a Comunidade Autónoma entre un 50% e un 85% cun importe máximo de 7.000€). A financiación para a realización destes servizos é aportada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea e nun 20% pola Cámara de Comercio.
O custo asociado a implantación das medidas incluídas na fase 2 será variable en cada caso, estimándose un máximo de 7.000€ (I.V.E. non incluído). Esta cantidade será refinanciada na súa totalidade pola empresa destinataria, a cal recuperará o 80% do custo segundo os termos acordados no seu plan de implantación, sempre e cando se xustifique a inversión realizada nos termos e prazos acordados.
Sería nesta fase onde SEELE Comunicación entraría en xogo se nos concedes o teu proxecto. A financiación, tal como se comentou anteriormente, sería de ata un 85% en función da Comunidade Autónoma e dun 80% na Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, en cantidades de ata 7.000€ (I.V.E. non incluído).
¿Como saber se me interesa esta axuda?
Se queres aforrar en custes e aumentar os ingresos, diferenzarte da competencia, darte a coñecer ou mellorar no mundo dixital, maximizar a produtividade e mellorar a fidelización de clientes, entón interésache.
¿Que inclúe a axuda TICCámaras?
SEO (posicionamento orgánico en Google), SEM (posicionamento de pago en google), email marketing, analítica web, social media, reputación online, aplicacións móbiles…
¿Cal será o proceso de selección?
Será por estrito orde de entrada das solicitudes.
¿Que documentación debo entregar?
Certificado da Axencia Estatal da Administración Tributaria de estar o día nas súas obrigacións (facendo mención a Lei de subvencións).
Certificado da Seguridade Social de estar o día nas súas obrigacións (facendo mención a Lei de subvencións).
*Persoa física, copia compulsada do DNI do solicitante.
*Persoa xurídica copia compulsada de:
- DNI do firmante da solicitude con poderes suficientes.
- Poderes de representación da persoa que firma a solicitude (a persoa firmante deberá ter a condición de representante legal da empresa).
- Tarxeta de Identificación Fiscal da empresa.
¿Onde se presentan as solicitudes?
- Poderanse presentar no rexistro da Cámara de Comercio en horario de 8:30 a 17:30 horas de luns a xoves e os venres de 9:00 a 15:00 horas, sendo o horario de verán de 8:30 h. a 14:30 h de luns a venres.
- Na sede electrónica https://sede.camara.es/sede/pontevedravigo-vilagarcia
- Nalgún dos rexistros ou oficinas sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
*ENLACES DE INTERESE
- Convocatoria TICCámara de la Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo y Vilagarcía de Arousa
- TicCámaras
- Video convocatoria